ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS DE XERMADE

jueves, 1 de diciembre de 2011

MAGOSTO 2011

O sábado 26 de Novembro celebramos o Magosto no local da asociación. Deixamos aquí unha pequena mostra de cómo o pasamos....


lunes, 21 de noviembre de 2011

MAGOSTO 2011

O vindeiro día 26 de Novembro celebraremos o magosto no local da asociación (sindicato).
Estades tod@s convidad@s!!!!

martes, 1 de noviembre de 2011

II CARREIRA POPULAR XERMADE2011

O día 15 de Outubro tivo lugar en Xermade a 2ª carreira popular, organizada polo CONCELLO e por AMURAXE.
Foi todo un éxito!!.O número de participantes e de asistentes aumentou respecto á anterior edición ( superouse o centenar de participantes), o que nos motiva moito para seguir traballando.
Moitas gracias a tod@s por participar e por asistir, e moitas gracias a Abel e a Sito pola súa gran axuda.



domingo, 30 de octubre de 2011

VIAXE A ALLARIZ

Aquí queda unha mostra da última viaxe que organizamos. Pasámolo moi ben, e vimos cousas realmente interesantes



jueves, 8 de septiembre de 2011

CURSOS DE BOLILLOS E MANUALIDADES

No mes de Outubro comezará de novo o curso de BOLILLOS. As clases van ser os Xoves en horario de 4 a 8 da tarde.
Os prezos son: 
-Soci@s. 20 euros.
-Non soci@s: 25 euros.

Aproveitamos para informar que a partir do mes de Febreiro de 2012 vaise facer un curso de MANUALIDADES E RESTAURACIÓN, os Venres pola tarde.

TODAS AS PERSOAS INTERESADAS PODEN  ANOTARSE NOS TELÉFONOS:

Mª CARMEN: 982 50 10 41
VERO: 651 66 25 83

UN SAÚDO !!

martes, 6 de septiembre de 2011

CURSO DE PILATES

Despois do descanso do verán, voltamos con novas actividades. No mes de Outubro vai dar comezo un curso de pilates, que se realizará os LUNS e MÉRCORES de 9 a 10 da noite.





En breve proporemos máis actividades.....

        UN SAUDO A TOD@S !!!

domingo, 3 de julio de 2011

CEA FIN DE CURSO BOLILLOS

Remata un ano máis o noso querido curso de Bolillos. Para pechar o curso por este ano celebramos unha cea, na que agasallamos á nosa mestra Juani e tamén a Mercedes por axudarnos en tantas cousas ( é a preparadora oficial de flores, jeje...)



FOGATA NO DÍA DE SAN XOÁN


martes, 21 de junio de 2011

1ª FESTA DAS MIGAS CON TOUCIÑO E CHOURIZO

O pasado sábado 18 de Xuño, o concello organizou a 1ª festa das migas. En colaboración con él, ese mesmo día pola noite celebrouse o San Xoán 2011, organizado por AMURAXE.
Ademáis da música, houbo unha exposición de manualidades na que se mostraron os traballos de pintura da asociación XARAVIGO ( Miraz), e os traballos de bolillos de AMURAXE.
Aquí queda unha pequena mostra dos traballos e da celebración do centenario do pino da igrexa.



BENVIDA

HOLA A TOD@S!!!! A asociación de mulleres rurais de Xermade crea este blogue para mostrarvos tódolas actividades que organizamos.Esperamos que vos gusten!!!